Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020 de notificacións de resolución de requirimento de execución da xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, notifícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia aos interesados que resultan descoñecidos, se ignora o lugar da notificación ou ben, intentada a notificación persoal, non se puidese practicar, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir.

Para efectos do cómputo de prazos nos correspondentes procedementos administrativos que se citan, computaranse desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións que se notifican cos datos que figuran no anexo teñen o seguinte texto íntegro:

Dando cumprimento á Resolución do 28 de abril de 2020, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (DOG do 29 de abril), particípolle que o concelleiro da Área de Parques, Xardíns, Comercio, Distritos e Festas especiais, por delegación de competencias do alcalde do 13 de agosto de 2019 (BOPPO do 2 de setembro), ditou con data (ver anexo), a seguinte resolución:

«Número de expediente: (ver anexo).

Resolución de requirimento lembrando a obriga de execución da xestión da biomasa incluída, no seu caso, a retirada de especies arbóreas prohibidas.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Vigo constatou no ano 2019, con posterioridade ao 31 de maio, que:

a) Na parcela situada en (ver anexo) Vigo, con referencia catastral (ver anexo), cunha superficie de (ver anexo), está sen xestionar a biomasa –maleza– e sen retirar as especiais arbóreas tales coma piñeiros, mimosas, acacia, eucalipto.

b) Que figura como titular catastral e, por tanto, titular do dereito de aproveitamento sobre a dita parcela (ver anexo).

II. Fundamentos de dereito.

1. O titular do dereito de aproveitamento sobre a dita parcela é responsable e ten obriga de xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDIFG), e na súa norma de desenvolvemento (Orde do 31 de xullo de 2007, criterios de xestión da biomasa DOG do 7 de agosto), antes do 31 de maio de cada ano, ao abeiro do establecido nos artigo 21, 21 ter, 22, disposición adicional terceira, disposición transitoria terceira 1, da dita lei e ao estar incluída a dita parcela, total ou parcialmente, na rede secundaria de faixa de xestión da biomasa (aprobación inicial XGL do 9.5.2020), incluída no Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Vigo –PMPDIF– aprobado definitivamente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo (XGL) do 2 de abril de 2020 (BOPPO do 24 de abril), e que pode consultar nas dependencias da Casa do Concello de Vigo e na web municipal no enderezo: http://www.vigo.org/faixas

Tamén, con carácter xeral, ten a obriga de retirar as seguintes especies arbóreas prohibidas: piñeiros, mimosa, acacia, eucalipto, sen prexuízo do establecido na DT3ª.2 da dita lei.

2. Tal e como comprobou a Administración municipal non cumpriu coas referidas obrigas de xestión da biomasa e retirada de especiais arbóreas prohibidas na dita parcela polo que procede efectuar o requirimento e advertencias que sinala o artigo 22 de dita norma legal.

A Resolución do 28 de abril de 2020, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (DOG do 29 de abril), relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da LPDIFG, aclara a continuidade da obriga de execución da xestión da biomasa estendéndoa no presente ano ata o 16 de xullo de 2020 inclusive, en atención ás especiais circunstancias concorrentes derivadas do actual estado de alarma, polo que convén adecuar este requirimento á dita resolución.

3. É competente para ditar a presente resolución o alcalde ao abeiro do artigo 7 e 16.4 da LPDIFG. Non obstante, a dita competencia delegouna no concelleiro delegado da Área de Parques, Xardíns, Comercio, Distritos e Festas Especiais segundo a Resolución do 13 de agosto de 2019 (BOPPO do 2 de setembro).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Requirir a (titular no anexo) para que proceda á xestión da biomasa vexetal e á retirada das especies arbóreas prohibidas na parcela situada en (ver anexo) Vigo, con referencia catastral (ver anexo), antes do 17 de xullo de 2020 ou no prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte á notificación desta resolución se se recibe a notificación con posterioridade ao día 1 de xullo de 2020 (artigo 22.2 LPDIFG).

A corta do arboredo prohibido está suxeita á presentación de declaración responsable previa perante a xefatura territorial da consellería competente en materia de montes da Xunta de Galicia ao abeiro do artigo 5.4.c) da Orde de 20 de abril de 2018 da Consellería de Medio Rural (DOG do 26 de abril).

Os traballos deberán realizarse conforme o establecido na lexislación de aplicación e, en especial, as máquinas e equipamentos que se utilicen deberán cumprir co establecido no artigo 39 da LPDIFG.

Segundo. Apercibirlle que, transcorrido o dito prazo sen que leve a cabo a xestión da biomasa vexetal ou a retirada das especiais arbóreas prohibidas, o Concello de Vigo procederá a execución forzosa de forma subsidiaria da referida actuación por si ou persoa que determine e por conta do obrigado repercutíndolle os custos da xestión da biomasa na forma legalmente establecida (artigo 22.4 LPDIFG).

Terceiro. No suposto de execución forzosa de forma subsidiaria, está obrigado/a a facilitar os accesos necesarios para realizar os traballos de xestión da biomasa ou retirada das especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o seu consentimento, salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución, caso en que deberá pedirse a correspondente autorización xudicial para a entrada neles se non se conta coa súa autorización (artigo 22.6 LPDIFG).

Cuarto. Advertirlle, tamén, de que no caso de que persista no incumprimento, logo do transcurso do prazo indicado no punto primeiro desta resolución, é constitutivo dunha infracción administrativa de carácter leve, sendo o órgano competente para incoar e resolver o procedemento sancionador o titular da xefatura territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Na resolución de incoación do procedemento sancionador adoptarase a medida cautelar de comiso das especies arbóreas prohibidas cuxo destino será o seu alleamento pola Administración municipal (artigos 22.4, 50 a 54 da LPDIFG, 67 a 80 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes).

Quinto. Tamén, simultaneamente, outórgarlle un trámite de audiencia por termo de dez (10) días hábiles, contados a partir desde o día seguinte a notificación desta resolución, con carácter previo a resolución da orde de execución forzosa de forma subsidiaria que procedese conforme o establecido no punto segundo desta resolución, no ben entendido que este trámite de audiencia non suspende o prazo que sinala no punto primeiro desta resolución.

Sexto. No momento que proceda á limpeza da parcela (xestión da biomasa) nos termos establecidos nesta resolución, prégaselle que o comunique de inmediato a esta Administración municipal mediante escrito que poderá presentar no Concello de Vigo a través do Rexistro Xeral, do Rexistro Electrónico no enderezo: https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga#2 (a través do correo electrónico faixassecundarias@vigo.org) ou noutra forma das legalmente previstas».

Vigo, 3 de novembro de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.8.2019; BOPPO do 2 de setembro)
Ángel Rivas González
Concelleiro delegado da Área de Parques, Xardíns,
Comercio, Distritos e Festas Especiais

Información adicional:

– Os datos indicados sobre a parcela son os que resultan da información contida no «Catastro de bens inmobles do Ministerio de Facenda» tal e como establece a lexislación aplicada.

Para calquera aclaración ou rectificación de erro sobre os datos da parcela, deberá dirixirse á correspondente delegación do Catastro (Oficina Catastro en Vigo, rúa Lalín, 2, CP 36271), sen prexuízo da posterior comunicación ao Concello de Vigo no enderezo de correo abaixo indicado, achegando copia do documento presentado na oficina catastral.

– Para calquera consulta, aclaración, información complementaria ou cita poderá dirixirse ao Servizo de Montes, Parques e Xardíns do Concello de Vigo a través do seguinte enderezo de correo electrónico: faixassecundarias@vigo.org

ANEXO

O anexo cos datos catastrais das parcelas pódese consultar na seguinte ligazón:

https://extranet.boe.es/arde/?csv=BOE-N-2020-054b363d0afb567b8c791514f88598962d5806f1