Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 484/2019 fronte á Resolución do 24 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos (Diario Oficial de Galicia número 171, do 10 de setembro de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, relativo ao PO 484/2019 en que solicita o emprazamento dos interesados no dito procedemento fronte a Resolución do 24 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade a diversos acordos (DOG núm. 171, do 10 de setembro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no expediente, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos desa sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública