Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 214/2012).

Declaración de insolvencia.

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 214/2012, por instancia de David Munín Sánchez, contra os executados María Rosario Méndez Carrillo e Ramón Suárez Carlín, sobre despedimento, se ditou, o día 26.10.2020, decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia parcial por importe de 13.569,81 euros de principal, máis 1.381,78 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza