Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 4 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 358/2020 fronte á Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 358/2020, fronte a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 224, do 25 de novembro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública