Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45425

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Quinta)

EDICTO (741/2019).

Eu, María Girón Vidal, letrada da Administración de xustiza da Sección 5ª da Audiencia Provincial de Pontevedra (sede en Vigo), fago constar que na peza de apelación nº 741/2019, dimanante de procedemento xuízo sobre delitos leves 2031/17 do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en que figuran como denunciantes/denunciados Johan Sebastián Ascencio Ardilla e Cristian Andrés L.C., esta Sección ditou sentenza con data do 13 de decembro de 2019, en que desestimou o recurso de apelación interposto por Raquel Vilariño Carpintero, letrada do apelante Cristian Andrés L.C., contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a presente sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Johan Sebastián Ascencio Ardilla, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente.

Vigo, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza