Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45426

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (745/2019).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 745/2019-F, seguido por instancia de Urzaiz Confort, S.L. fronte a Juan Carlos Carril Casas, se ditou sentenza, con data do 30.9.2020, contra a que non cabe recurso.

E ao estar o dito demandado en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación. Fáiselle saber ao interesado que poderá dirixirse a esta oficina en que se tramita o procedemento co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

A Coruña, 5 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza