Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45424

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Quinta)

EDICTO (293/2020).

Eu, María Girón Vidal, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (sede en Vigo), fago constar que na peza de apelación número 293/2019, dimanante de procedemento xuízo sobre delitos leves 851/2019 do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, en que figuran como denunciante Cristian Andrés L.C. e denunciados Johan Sebastián Ascencio Ardilla e Carlos Andrés A. A., esta sección ditou Sentenza con data do 10 de xuño de 2020, en que desestimou o recurso de apelación interposto por Raquel Vilariño Carpintero, letrada do apelante Cristian Andrés L. C., contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a presente sentenza non cabe interpoñer ningún recurso.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Johan Sebastián Ascencio Ardilla, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente edicto. Dou fe.

Vigo, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza