Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 456/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 456/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Manuel Especht Freire contra Tecnofi, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou o 5.10.2020 sentenza contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días, así como auto de aclaración desta o 23.10.2020.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das mencionadas resolucións na secretaría do dito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnofi, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza