Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2020/1395-3 e dous máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 26 de outubro de 2020

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2020/1395-3

45166271K

PR204A 2020/2807-3

44491134A

PR204A 2020/2984-3

X2113339F