Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 12/2020 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Óscar Pérez López, S.L., se ditaron as seguintes resolucións, das cales os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:
Resolución:
Dilixencia de ordenación do 3.9.2020.
Auto e decreto do 7.9.2020.
Recurso e prazo: recurso de reposición no prazo de tres (3) días.
Persoa/empresa a quen se notifica: Óscar Pérez López, S.L.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción en taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza