Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45119

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1833/2020 M).

Tipo e nº de recurso: rsu recurso suplicación 1833/2020

Xulgado de orixe/autos: sss seguridade social 3/2019 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1833/2020 desta sección, seguido a instancia de Mariano Bustabad Ponce contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Encapsulantes de Valor Añadido, S.A., admón. concursal Encapsulantes de Valor Añadido (Julio R. Fernández Maestre), sobre incapacidade permanente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Pablo Torrado Oubiña, na representación que ten acreditada de Ibermutua, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 274, entidade resultante da fusión da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e de Ibermutuamur, contra a Sentenza do 6 de novembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos seguidos por instancia de Marino Bustabad Ponce fronte á recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Encapsulantes de Valor Añadido, S.A., sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, debemos revogar e revogamos a resolución impugnada, desestimando a demanda que deu lugar ás presentes actuacións e absolvendo os demandados dos pedimentos contidos nela.

Procede acordar a devolución do depósito e da consignación efectuados para recorrer pola Mutua, unha vez que sexa firme esta sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Encapsulantes de Valor Añadido, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza