Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e IN407A 2019/224-1).

Expediente-e: IN407A 2019/224-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca.

Concello: Arteixo.

Feitos:

1. O 18.11.2019 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

1. Proxecto de execución denominado LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca, asinado por Pedro, Tizón Barro, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 3270 da Coruña, e con número de visado 3351/19-CO do 24.10.2019.

2. Anexo 1 ao proxecto, asinado por Pedro, Tizón Barro, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 3270 da Coruña, e con número de visado 3351/19-CO do 5.2.2020.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

• Acordo de información pública: 1 de abril de 2020.

• DOG: 24 de abril de 2020.

• BOP: 7 de abril de 2020.

• Xornal La Voz de Galicia: 17 de abril de 2020.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 23 de setembro de 2020.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Arteixo, Patrimonio Cultural, Deputación da Coruña, Augas de Galicia e Nedgia Galicia.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 181, do 7 de setembro).

• Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 190, do 18 de setembro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 508 m, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000, condutor tipo LA-110 mm² Al, e final no apoio nº 5 proxectado tipo C-18/7000.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 380 m, con orixe en celas de liña existentes na subestación de Morás (expediente IN407A 2012/47-1), condutores tipo RHZ1-2OL(S)-2/20 kV 1×240 mm² Al e tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm² Al, e final nos pasos de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 1.715 m, con orixe nos pasos de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 5 proxectado, tipo C-18/7000, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm² Al, e final en celas de liña proxectadas no CR Baiuca (expediente IN407A 2016/2551-1).

– Reforma CR Baiuca, coa instalación dun bloque de celas 7L telecontroladas que substitúen o bloque de celas 5L existente.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e a posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.