Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento en relación coa súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento referido.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Consellería de Facenda e Administración Pública, sitas na rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da devandita Lei 39/2015, de non achegar os documentos que lles son requiridos no prazo sinalado no requirimento, daranse por desistidas da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

33254549E

Requirimento

36022249V

Requirimento

76806939A

Requirimento