Intentada a notificación persoal da comunicación de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditada pola xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar esta notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) á persoa interesada que se sinala no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.
A persoa interesada durante ese prazo poderá comparecer para os efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.
Lugo, 28 de outubro de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
1 |
Gheorghe Gabor |
21-08-2020/2.1.A |
Inicio procedemento sancionador |
Castroverde |