Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Galega do Sector da Dependencia (Agasede).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 9.3.2020 os estatutos da Asociación Galega do Sector da Dependencia (Agasede).

(https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación as empresas que desenvolvendo a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, voluntariamente soliciten a súa incorporación e consten inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

Asinan a acta de constitución: Óscar Neira Fernández, Carlos Dosil Díaz e Daniel González Carracedo.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais