Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación de Talleres de Asistencia Técnica de Galicia (ASAT).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar a modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles o relativo ao ámbito territorial, que en virtude da dita modificación pasa de ámbito provincial a autonómico.

(https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación empresas e profesionais que realicen actividades relacionadas coa reparación de electrodomésticos e equipos industriais de gama branca, marrón, pequeno aparato eléctrico, caldeiras, aire acondicionado, telefonía, informática, antenas, vendas de repostos e subministracións, mantemento e reparación no ámbito doméstico e toda empresa que preste servizos no ámbito doméstico que exerzan a súa profesión dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes: Serafín Domínguez Collazo e Antonio Iglesias García.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais