Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 67/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 67/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ramón Ares Cobas, Marcio Manuel Drumonde Diniz, César Abuin Rial e Carlos Calvo Ares contra a empresa Automoción Villagarcía, S.A., sobre ordinario, se ditou decreto de insolvencia con data do 15.10.2020, recurrible en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Automoción Villagarcía, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza