Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 95/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 95/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Soledad Gondar Martínez contra a empresa Eurodental Portonovo, S.L., Centro Odontológico Galicia, S.L.U., Manuel Martínez Eirabella, María Amalia Silveira Vega, Eurodental Centro de Innovación Odontológica, S.L. e Centro Asistencial Eurodental, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións que se atopan á súa disposición na sede do xulgado:

Auto polo que se despacha execución con data do 14.10.2020, recorrible en reposición no prazo de tres días.

Dilixencia de ordenación con data do 14.10.2020 e decreto de execución con data do 15.10.2020, ambas as dúas recorribles en revisión no prazo de tres días.

E para que sirva de notificación en legal forma Eurodental Portonovo, S.L., Centro Odontológico Galicia, S.L.U., Manuel Martínez Eirabella, María Amalia Silveira Vega, Eurodental Centro de Innovación Odontológica, S.L. e Centro Asistencial Eurodental, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza