Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44143

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020.

No DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2020, publicouse a Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

O artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

No Programa I de subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G) non existe crédito suficiente na anualidade 2020 para atender todas as solicitudes. Por outra parte, no Programa II de axudas para o fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J), unha vez revisados todos os expedientes, comprobouse que existe remanente de crédito que se pode reasignar ao Programa I.

Por todo o exposto e co fin de atender máis solicitudes do programa de axudas I da Orde do 5 de decembro de 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedemento

Programa de axudas

Aplicación

Incremento

Minoración

TR802G

Progr. I

09.40.324C.470.0

35.408,89

TR802J

Progr. II

09.40.324C.470.1

35.408,89

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social