Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 79/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Pintos Lueiro contra Amilaxa Servicios Generales, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Amilaxa Servicios Generales, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 16.477,31 euros en concepto de principal (5.490,98 euros en concepto de indemnización, 4.655 euros en concepto de salarios debidos, e 271,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 6.059,68 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.647,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza