Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 56/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 56/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Castro Lamas contra Mutua Gallega, Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., TXSS, INSS, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020.

Conforme se acordou na vista celebrada neste procedemento, requírase a Kastiñeiro de Hostelería, S.L., co fin de que achegue documental acreditativa do pagamento á executante da nómina de maio de 2017, tendo en conta que a Mutua alegou que a empresa practicou os correspondentes descontos en relación coa prestación de IT da executante e non consta realizado aboamento á traballadora.

Para tal efecto confíreselle o prazo de cinco días. Unha vez presentada a documental pola empresa, ou transcorrido o prazo, déase conta á maxistrada para resolver o que proceda.

En relación coa cantidade de 100,42 euros ingresada pola mutua na conta de consignacións do xulgado, efectúese entrega á executante na conta designada por esta para o efecto.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza