Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43806

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020 (código de procedemento CT224C).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 14 da orde de convocatoria, esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.cultura.gal), ademais de comunicarse por escrito á persoa beneficiaria. En virtude diso,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria que a seguir se relaciona, do procedemento CT224C de axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020:

Aplicación orzamentaria: 11.20.432A.770.2.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Libraría

Axuda outorgada

Libraría Paz

2.212,00 €

Libraría Dispara (Antonio Iglesias Arias)

1.860,44 €

Libraría Pelayo (Mª del Rocío Rodríguez López)

1.272,60 €

Libraría Atlántica

2.181,60 €

Libraría Aenea Vox, S.L.

693,33 €

Libraría A Carapuchiña Feroz

3.000,00 €

Libraría Numax, S. Coop. Galega

3.000,00 €

Libraría Libros para Soñar

2.797,51 €