Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43775

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO do requirimento para cumprir obrigacións en materia de xestión de biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa a actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e non tendo constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na rúa Cristóbal Colón, s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Boborás, 1 de setembro de 2020

Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa

ANEXO

Expediente: 270/2020.

Interesado: Benito Rodríguez.

Acto de notificación: requirimento para cumprir obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal, nº de referencia catastral da parcela 32014A039013010000GH.