Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de outubro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se notifica procedemento de incautación de garantía e se concede o trámite de audiencia.

Unha vez intentada a notificación ao domicilio e ao correo electrónico sinalados a efectos de notificación e non podéndose efectuar esta, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), polo presente anuncio, a Área Sanitaria da Coruña e Cee notifica a Amilaxa Servicios Generales, S.L., CIF B70311311, o acto administrativo de inicio de procedemento de incautación da seguinte garantía:

Incautación total da garantía nº 364/2019. Importe: 9.433,37 €.

Concédese trámite de audiencia para que no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, poidan presentar alegacións, así como os documentos que xulguen pertinentes de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, infórmase que o expediente completo se encontra no Servizo de Contratación da Área Sanitaria da Coruña e Cee (Hospital Abente e Lago. Pº Sir John Moore, nº 2, Edificio Antigua XAP, 2º andar, 15001 A Coruña), así como o acto obxecto da presente notificación que, en virtude do establecido no artigo 46 da citada Lei 39/2015, non se publica na súa integridade.

A Coruña, 21 de outubro de 2020

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee