Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43776

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 270/2020).

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa a actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notifícase á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na rúa Cristóbal Colón, s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Boborás, 1 de setembro de 2020

Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa

ANEXO

Expediente: 270/2020.

Interesado: Manuel González Marnotes.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de deberes en materia de xestión de biomasa vexetal, nº de referencia catastral parcela 32014A039013000000GU.