Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43724

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ORD 230/2019).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María del Mar Ramos Álvarez fronte a Francisco Rodríguez González ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 93/2020.

Xuízo ordinario nº 230/2019.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: María del Mar Ramos Álvarez.

Avogada: Sra. Vieito Maio.

Procurador: Sr. Regueiro Muñoz.

Demandado 1: Francisco Rodríguez González (en rebeldía).

Demandados 2 e 3: Consuelo Rodríguez González, e Isabel Míguez Rodríguez e Milagros Míguez Rodríguez en sucesión procesual estas dúas últimas do seu pai falecido Manuel Míguez Castro.

Avogada: Sra. López Arnoso.

Procuradora: Sra. Puertas Mosquera.

Demandados 4 e 5: María del Carmen Regueiro López e Silvia, Martina e José Fidel Rodríguez Regueiro en sucesión procesual estes tres últimos do seu pai falecido José Rodríguez González.

Avogada: Sra. López Arnoso.

Procuradora: Sra. Puertas Mosquera.

Demandados 6 e 7: María Encarnación García Sánchez, José Antonio Rodríguez García e Francisco Javier Rodríguez García, en sucesión procesual estes tres últimos do seu pai falecido Manuel Rodríguez González, e atopándose todos eles en situación de rebeldía procesual.

Demandados 8 e 9: Florentino Rodríguez González e Juana Rivero Basalo.

Avogada: Sra. López Arnoso.

Procuradora: Sra. Puertas Mosquera.

Obxecto: declarativa de dominio e cancelación de inscrición rexistral.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020.

Decido:

Estimo integramente a demanda presentada por María del Mar Ramos Álvarez contra Francisco Rodríguez González; Consuelo Rodríguez González, Isabel Míguez Rodríguez e Milagros Míguez Rodríguez en sucesión procesual estas dúas últimas do seu pai falecido Manuel Míguez Castro; María del Carmen Regueiro López, Silvia Rodríguez Regueiro, Martina Rodríguez Regueiro e José Fidel Rodríguez Regueiro, en sucesión procesual estes tres últimos do seu pai falecido José Rodríguez González; María Encarnación García Sánchez, José Antonio Rodríguez García e Francisco Javier Rodríguez García, en sucesión procesual estes dous últimos do seu pai falecido Manuel Rodríguez González, e Florentino Rodríguez González e Juana Rivero Basalo, e en consecuencia:

Declaro a favor de María del Mar Ramos Álvarez o dominio da leira rexistrada no Rexistro da Propiedade de Negreira ao tomo 1633, libro 656, folio 26, leira 41.083; ordeno a cancelación no Rexistro da Propiedade de Negreira da inscrición practicada a favor de María González González e Francisco Rodríguez González sobre a leira 41.083, ao tomo 1633, libro 656, folio 26 e, ordeno que se practique a inscrición da referida leira rexistral a favor de María del Mar Ramos Álvarez.

Todo iso sen imposición das custas do proceso.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e de que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que haberá de presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíz que a ditou. Dou fe.

E atopándose devandito demandado,en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza