Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43722

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 425/2020-RCUD 280/2020 S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 425/2020

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 652/2017. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Ambuibérica, S.L.

Avogado: Ricardo Pérez Seoane

Recorridos: Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Herminio Rivas Pombo

Avogada: Rocío Rodríguez Enríquez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 425/2020-RCUD 280/20-S desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Herminio Rivas Pombo, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza: María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 9 de outubro de 2020.

O anterior escrito subscrito polo letrado Ricardo Pérez Seoane, en nome e representación de Ambuibérica, S.L., únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi obxecto de recurso en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza