Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1024/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1024/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Selas Valverde contra a empresa Mug Dolce Cafe, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Estimando a demanda interposta por Iria Selas Valverde contra a empresa Mug Dolce Café, S.L., declarar improcedente o despedimento de que foi obxecto o 1.11.2019, e condenar a empresa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a parte demandante no seu posto de traballo ou a indemnizala coa cantidade de trescentos corenta e catro euros e vinte e dous céntimos (344,22 €) e con aboamento, só en caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de vinte e cinco euros e tres céntimos (25,03 €) diarios.

A antedita opción deberá efectuarse no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese manifestado a súa opción, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mug Dolce Café, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza