Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43419

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 338/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 338/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Faustino Moreira Romero contra Fermín Group Ibérica, S.L., Colaper Personal, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, con data do 5 de outubro de 2020, co número 171/2020, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Estimar a demanda formulada por Faustino Moreira Romero, representado polo letrado Sr. Sebio Molguero, contra as demandadas Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, declarando a improcedencia do despedimento efectuado; as demandadas deberán optar pola readmisión do demandante, con aboamento dos salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento a razón de 60,84 €/día, ou aboarlle, solidariamente, a indemnización por despedimento improcedente que ascende á cantidade de mil seiscentos setenta e tres euros con vinte e catro céntimos (1.673,24 €). Así mesmo, condeno solidariamente as mercantís codemandadas a que aboen ao demandante a cantidade de seiscentos corenta e oito euros con sesenta céntimos, con aplicación dos xuros do artigo 29.3 do ET.

Ningunha responsabilidade alcanza o Fondo de Garantía Salarial nesta instancia.

Notifíquese ás partes coa advertencia de que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial co núm. 0049 3569 9200 0500 1274, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo»."

E para que sirva de notificación en legal forma a Colaper Personal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza