Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 62/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despido obxectivo individual 62/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amalia Sieira Leis contra Barti Servicios 2009, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Procede aclarar a sentenza, de data do 30.9.2020, no sentido indicado na fundamentación xurídica desta resolución, debendo quedar a decisión da sentenza redactada do seguinte modo:

«Que debo estimar a demanda presentada a pedimento de Amalia Sieira Leis contra a entidade Barti Servicios 2009, S.L., a súa administrador concursal Filomena Casal Gómez e contra Fogasa, e en consecuencia debo declarar e declaro:

– A improcedencia do despedimento.

– Extinguida a data da presente resolución (30.9.2020) a relación laboral existente entre a demandante e a entidade demandada Barti Servicios 2009, S.L.

– Condeno a empresa demandada Barti Servicios, S.L. a que aboe á traballadora a cantidade de 4.323,15 euros en concepto de indemnización.

– Condeno a empresa demanda Barti Servicios, S.L. a que abone á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral (30.9.2020) a razón de 37,53 €/día.

Debo condenar e condeno a Filomena Casal Gómez a estar e pasar polas anteriores declaracións e condenas, na súa soa condición de administrador concursal de Barti Servicios 2009, S.L.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non hai lugar á súa condena nesta instancia debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

…».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo, Carolina Nores Díaz, maxistrada titular do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial correspondente.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza