Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 298/2020, interposto contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 pola que se dá publicidade á lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 298/2020, interposto por Antonio Barreiro Bernárdez contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 pola que se da publicidade á lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo