Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Monterrey número 204, situada no termo municipal de Vilalba, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Monterrey núm. 204, situada no termo municipal de Vilalba, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopan ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 1 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

(Disposición transitoria terceira do Decreto130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, DOG do 18 de setembro)