Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1097/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1097/2017 por instancia de Manuel Ángel Fernández Vidal contra Dieda Forestal e Inversiones, S.L. e outros sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou Sentenza do 30 de setembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Admítese parcialmente a demanda interposta por Manuel Ángel Fernández Vidal fronte ás empresas Dieda Forestal e Inversiones, S.L.; Playa Forestal, S.L. (desistida) e Abel Diéguez Neira, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e acéptase a excepción de prescrición oposta por este último e, en consecuencia:

– Condénase a Dieda Forestal e Inversiones, S.L. e a Abel Diéguez Neira a aboarlle solidariamente a Manuel Ángel Fernández Vidal a cantidade de seis mil catrocentos euros (6.400 euros), sen que tales cantidades vinculen o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Dieda Forestal e Inversiones, S.L.; Playa Forestal, S.L. e Abel Diéguez Neira, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza