Vistos os expedientes instruidos a efectos de transmisión das concesións administrativas e das bateas Med I e Tourís I resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escritos do 8 de xullo de 2020, Isabel Tourís Resúa solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora das concesións administrativas e das bateas Med I e Tourís I.
Segundo. Os informes da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.
Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Por todo o anterior resolvo:
Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Isabel Tourís Resúa (***7889**) e José Tourís Resúa (***7890**), das concesións administrativas e das bateas que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Med I.
Situación:
Cuadrícula nº: 71.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 31.3.1965.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Cándido Tourís Casal (***9328**) e Josefa Resúa Campaña (***8824**).
Novos titulares: Cándido Tourís Casal (***9328**), Josefa Resúa Campaña (***8824**), Isabel Tourís Resúa (***7889**) y José Tourís Resúa (***7890**).
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Tourís I.
Situación:
Cuadrícula nº: 69.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividad.
Orde de outorgamento: 12.6.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Cándido Tourís Casal (***9328**) e Josefa Resúa Campaña (***8824**).
Novos titulares: Cándido Tourís Casal (***9328**), Josefa Resúa Campaña (***8824**), Isabel Tourís Resúa (***7889**) y José Tourís Resúa (***7890**).
Os novos titulares subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 5 de outubro de 2020
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña