Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42369

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 63/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento número 63/2020 deste xulgado do social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 63/2020, sendo parte neste, como demandante/s, José Antonio Durán Carracedo, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, e, como demandado/s, Colaper Personal, S.L. e Fermín Group Ibérica, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei con base nos seguintes

Resolvo:

Que estimando a demanda formulada por José Antonio Durán Carracedo fronte a Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L. e Fogasa:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado polas mercantís demandadas con data de efectos o día 20.12.2019 e, debo condenar e condeno as demandadas a aterse á devandita declaración, e a optar entre readmitir inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir dende a data de efectividade do despedimento ata a readmisión a razón de 51,20 euros diarios, ou ben, a elección das demandadas, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 2.534,31 euros por despedimento improcedente.

A opción entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado entenderase que procede a readmisión.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese á partes que contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza