Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 21 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social Y5865758J/20/12/2019/2.1.E.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia.

O/a interesado/a, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego do Carballiño, situada na rúa Otero Pedrayo, nº 20-baixo, do Carballiño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle ao/á interesado/a que, se non interpón o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 21 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: Y5865758J/20/12/2019/2.1.E.

Persoa interesada: Y5865758J.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.