Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de outubro de 2019 polo que se modifica a declaración da condición de utilidade pública, e a conseguinte exclusión e incorporación de superficies no Catálogo de montes de utilidade pública de parte do monte da Ruña, número 103-K, no concello de Mazaricos (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de outubro de 2019, adoptou entre outros o seguinte

ACORDO:

1. Modificar a declaración da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión dunha parcela e incorporación doutra permutada no Catálogo de montes de utilidade pública (CUP) do monte da Ruña, número 103-K, situado na parroquia de Colúns do concello de Mazaricos (A Coruña), que inclúe as superficies que se relacionan:

– Descatalogación da parcela do monte que se permuta e que ten unha superficie de 0,4361 ha así como a incorporación ao monte de utilidade pública e ao CUP da parcela estremeira e cunha superficie de 0,4361 ha.

2. Descatalogar a parcela IV de 33 ha que por erro se incluíu dentro da superficie do CUP na Orde do 27 de decembro de 2005.

3. Validar a resolución de autorización de permuta solicitada no monte da Ruña de Colúns núm. 103-K, sen que se produza cambio de superficie no monte público, asinada pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, por delegación da conselleira do Medio Rural o 27.2.2018.

4. A superficie do monte de utilidade pública, logo destas modificacións, pasará a ser de 246,71 ha.

5. Dar traslado ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da citada exclusión do catálogo.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, de acordo co disposto nos artigos 114 e 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal