Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 7 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dun procedemento de construción de vivenda unifamiliar porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente 2750/2019).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou con data do 22.7.2020 resolución do procedemento de autorización de construción de vivenda unifamiliar. Intentada a notificación persoal desta resolución non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poida efectuar as alegacións que estime pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 7 de outubro de 2020

María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Procedemento: autorización patrimonio.

DNI: 04150078G.

Acto notificado: resolución desestimento (expediente 2750/2019).