Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Alto de Montouto, sito nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2017/18).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Alto de Montouto, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Alto de Montouto.

Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 21,00 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5 × 4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 65.148 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 13.415.276 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

556.330,00

4.678.424,00

Covelo

2

557.000,00

4.678.424,00

Covelo

3

557.000,00

4.675.400,00

A Cañiza

4

556.650,00

4.674.700,00

A Cañiza

5

556.650,00

4.673.000,00

A Cañiza

6

556.150,00

4.671.000,00

A Cañiza

7

554.500,00

4.671.000,00

A Cañiza

8

554.500,00

4.673.650,00

Covelo

9

554.000,00

4.674.000,00

Covelo

10

554.003,00

4.674.501,00

Covelo

11

556.000,00

4.675.400,00

Covelo

12

556.330,00

4.676.919,00

Covelo

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

555.196,00

4.673.717,00

Covelo

2

555.168,00

4.673.378,00

Covelo

3

555.339,00

4.673.119,00

Covelo

4

555.310,00

4.672.785,00

Covelo

5

555.260,00

4.672.457,00

A Cañiza

Coordenadas do centro de seccionamento e medida:

Centro de seccionamento e medida

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

Centro xeométrico

555.238,30

4.673.727,15

Covelo

Coordenadas arqueta receptora en subestación colectora:

Arqueta receptora SEC Alto da Telleira

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

556.533,00

4.678.117,00

Covelo

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 5 aeroxeradores modelo Vestas V136, de potencia nominal 4,2 MW, altura de buxa de 112 metros e diámetro de rotor de 136 m, cos seus centros de transformación situados no interior, con relación 0,720/30 kV e potencia aparente de 4.700 kVA.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, dotada de dous circuítos, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida con condutores tipo RHZ1 18/30 3×(1×240) Al, e de saída do centro de seccionamento e medida ata a subestación colectora Alto da Telleira 220/30 kV con condutor tipo RHZ1 18/30 3×(1×400) Al. A mesma gabia incluirá ademais cableado de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.

– Centro de seccionamento e medida que conterá os seguintes elementos: celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamiento e protección de liñas de entrada/saída de circuítos; cela de medida con transformador de intensidade e tensión; cela de servizos auxiliares; armario de contadores para medida; armario rectificador-cargador. Tensión de 220 V AC e 48 V DC; armario de servizos auxiliares; cadro de control; rack de comunicacións e sistema de posta a terra en anel, que estará conectada coa posta a terra de ligazón do parque eólico.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza, Pontevedra) e do concello de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo, Pontevedra).

Pontevedra, 8 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra