Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto das Airas, sito nos concellos da Lama e Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/08).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Coto das Airas, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Coto das Airas.

Concellos afectados: A Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Potencia a instalar: 44,00 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 11×4,0 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 128.982 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 29.567.241 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

552.576,00

4.696.600,00

A Lama

2

554.376,00

4.696.600,00

A Lama

3

554.376,00

4.693.850,00

A Lama

4

556.508,00

4.691.783,00

Avión

5

556.500,00

4.690.700,00

Avión

6

555.500,00

4.690.700,00

Fornelos de Montes

7

553.150,00

4.690.000,00

Fornelos de Montes

8

549.200,00

4.690.000,00

A Lama

9

549.200,00

4.691.750,00

A Lama

10

553.150,00

4.691.750,00

A Lama

11

552.576,00

4.693.850,00

A Lama

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

549.419,00

4.690.776,00

A Lama

2

549.691,00

4.690.504,00

A Lama

3

550.081,00

4.690.305,00

Fornelos de Montes

4

550.192,00

4.691.266,00

A Lama

5

551.217,00

4.690.734,00

Fornelos de Montes

6

551.455,00

4.690.294,00

Fornelos de Montes

7

551.758,00

4.691.569,00

A Lama

8

552.140,00

4.690.294,00

Fornelos de Montes

9

552.711,00

4.691.312,00

A Lama

10

552.986,00

4.690.768,00

Fornelos de Montes

11

553.587,00

4.692.043,00

A Lama

Coordenadas do centro de seccionamento e medida:

Centro de seccionamiento e medida

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

Centro Xeométrico

554.077,20

4.692.616,68

A Lama

Coordenadas arqueta receptora en subestación colectora:

Arqueta receptora SEC Suído

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

553.540,00

4.696.222,00

A Lama

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 11 aeroxeradores modelo Vestas V136, de potencia nominal 4 MW, altura de buxa de 112 metros e diámetro de rotor de 136 m, cos seus centros de transformación situados no interior, con relación 0,720/30 kV e potencia aparente de 4.700 kVA.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, dotada de tres circuítos, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida con condutor tipo RHZ1 18/30 3×(1×240) Al, e de saída do centro de seccionamento e medida ata a subestación eléctrica colectora Suído 132/30 kV con condutor tipo RHZ1 18/30 3×(1×400) Al. A mesma gabia incluirá ademais cableado de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.

– Centro de seccionamento e medida que conterá os seguintes elementos: celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamiento e protección de liñas de entrada/saída de circuítos; cela de medida con transformador de intensidade e tensión; cela de servizos auxiliares; armario de contadores para medida; armario rectificador-cargador. Tensión de 220 V AC e 48 V DC; armario de servizos auxiliares; cadro de control; rack de comunicacións e sistema de posta a terra en anel, que estará conectada coa posta a terra de ligazón do parque eólico.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (Avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello da Lama (Avenida Concello da Lama, 1, 36830 A Lama, Pontevedra) e do concello de Fornelos de Montes (Praza Igrexa, 1, 36847 Fornelos de Montes, Pontevedra).

Pontevedra, 8 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra