Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden a autorización administrativa previa e a de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2020/032-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Pedro Tizón Barro, colexiado número 3270 do Coeticor, en Ourense, o día 15.11.2019, con visado número 3781/19-CO, do 28.11.2019, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTA de UFD a punto fronteira O Val de Eléctrica de Castro Caldelas (REG801).

Situación: Castro Caldelas-Ourense.

Orzamento: 9.302,06 €.

Características técnicas: modificación da LMT aérea REG801 Trives-C.H. Castro Caldelas 1, con 2 novos apoios metálicos de celosía e condutor tipo LA-56, en 514 m de lonxitude sen modificación de traza, con orixe no apoio existente BXMM84J2//68-58 na LMT REG801-C.H. e final no apoio existente BXB9C8N3//68-61.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 28 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense