Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41781

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade da encarga a Tragsatec, ordenada mediante a Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de setembro de 2020, para a realización de tarefas de apoio no estudo e na avaliación de expedientes de axudas e outras tarefas relacionadas cos préstamos directos xestionados polo Instituto.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encarga a medios propios coas seguintes características:

– Resolución do 2 de setembro de 2020, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se encarga a Tragsatec a realización de tarefas de apoio no estudo, análise e avaliación de expedientes de axudas das convocatorias de Reactiva comercio (IG524C), servizos seguros (IG524D), programa de cheques de dixitalización COVID-19 (IG300E), Galicia exporta dixital (IG401D) , inviste COVID-19 (IG415B) e bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (IG535A), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e outras tarefas relacionadas cos préstamos directos xestionados polo Igape.

– Actividade: realización de tarefas de apoio no estudo, análise e avaliación de expedientes das axudas das convocatorias de Reactiva comercio (IG524C), servizos seguros (IG524D), programa de cheques de dixitalización COVID-19 (IG300E), Galicia exporta dixital (IG401D), inviste COVID-19 (IG415B) e bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (IG535A), así como a realización de labores de análise económico-financeira e xustificación do destino dos fondos relativos aos expedientes de préstamos directos xestionados polo Igape, entre os cales se inclúen as liñas Jeremie, BEI, IFIS, pemes e financiamento empresarial, e as súas novacións.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e o número 2 da disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses desde a data de inicio da execución, que comezará coa data da orde de encarga dos traballos.

Poderá prorrogarse por igual período en caso de persistencia da necesidade da encarga.

– Orzamento: o importe total da encargo fíxase en 594.192,19 €, que se financiarán con cargo á partida 09.A1-741A-22799 dos orzamentos do Igape para os anos 2020 (450.000 €) e 2021 (144.192,19 €).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica