Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Referencia catastral |
Expediente |
Titular |
36049A023000670000KY |
1719/2020 |
Ramírez Lemos Amable (herdeiros de) |
36049A037002030000KK |
1650/2019 |
Howard Hoyle |
Salceda de Caselas, 1 de outubro de 2020
Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa