Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41887

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xuño de 2020 polo que se aproba definitivamente o proxecto de acondicionamento de intersección entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211 en Quintela de Leirado, promovido pola Deputación Provincial de Ourense, xunto co expediente de información pública.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 28 de novembro de 2019, o presidente da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o proxecto de acondicionamento de intersección entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211, no concello de Quintela de Leirado.

Segundo. O mencionado proxecto someteuse ao trámite de información pública durante trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da Deputación Provincial de Ourense no Diario Oficial de Galicia núm. 8, o 14 de xaneiro de 2020, para que as persoas que o considerasen oportuno formulasen por escrito, ante a Presidencia da Corporación Provincial de Ourense, as observacións que considerasen convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Terceiro. Durante todo o trámite de información pública non se presentou ningunha alegación.

Cuarto. Con data do 5 de maio de 2020, a Presidencia da Corporación Provincial adoptou por unanimidade elevar o expediente ao Consello da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Visto todo o que antecede e cos fundamentos xurídicos e técnicos expostos na proposta de acordo, elevada ao Consello da Xunta de Galicia pola Axencia Galega de Infraestruturas, o devandito Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 5 de xuño de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente, de conformidade co artigo 22.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e os artigos 54 e 55.4 do seu Regulamento xeral, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio,

– O expediente de información pública e informe das administracións afectadas e

– O proxecto de acondicionamento de intersección entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211 en Quintela de Leirado, promovido pola Deputación de Ourense».

O que se fai público para todos os efectos legais e regulamentarios de aplicación na materia e para o seu coñecemento xeral.

Ourense, 21 de setembro de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación de Ourense