Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1719/2020 e tres máis).

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A023000660000KB

1719/2020

Fernández Martínez Basilio

36049A034006510000KP

1735/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36049A015005840000KR

1782/2020

Domínguez Cabaleiro Felicidad (herdeiros de)

36049A023000630000KH

1719/2020

Oliveira Ramírez Alberto (herdeiros de)

Salceda de Caselas, 1 de outubro de 2020

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa