Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41795

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (757/2018).

Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Castro Buján Rodríguez, Manuel Buján Quintela, Pilar María Buján Quintela fronte a Domingo Fernández Álvarez, Julia Ogando Vázquez, Claudina Arias Diéguez e Emilio Rodríguez ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Jacqueline Rodríguez Díaz, en nome e representación de Casto Buján Rodríguez, Pilar María Buján Quintela e Manuel Buján Quintela, os que actúan no seu propio nome e en beneficio da herdanza xacente de Pilar Quintela Rodríguez, contra Claudina Arias Diéguez e Emilio Rodríguez Arias, este último na súa condición de herdeiro de Antonio Ruperto Rodríguez Rodríguez, e contra Domingo Fernández Álvarez e Julia Ogando Vázquez, así como, se é o caso, os seus descoñecidos e ignorados herdeiros, todos eles declarados en situación de rebeldía procesual; debo declarar e declaro que os demandantes son propietarios do predio –soar con casa unifamiliar– que aparece descrito na demanda nos conceptos de: Casto Buján Rodríguez, titular do pleno dominio da metade e designado no testamento da súa defunta esposa Pilar Quintela Rodríguez como usufrutuario universal e vitalicio da outra metade; nus propietarios dunha metade, os seus dous fillos Manuel e Pilar María Buján Quintela, ao ser instituídos herdeiros universais, por partes iguais, naquel testamento. Sendo así que o predio descrito se corresponde con parte do predio rexistral 13886 de Ourense, inscrito no Rexistro da Propiedade número 3, no tomo 1534, libro 791, folio 141; polo que, en consecuencia, procede rectificar a inscrición de dominio no Rexistro da Propiedade número 3 de Ourense que figura en relación co predio descrito a favor dos demandados Domingo Fernández Álvarez e Julia Ogando Vázquez, debendo acordarse, no seu lugar, logo de anotación da segregación e da inscrición intermedia a favor de Antonio Ruperto Rodríguez Rodríguez e a súa esposa Claudina Arias Diéguez, a inscrición no Rexistro da Propiedade do dereito de propiedade sobre o predio obxecto destes autos a favor dos demandantes, no concepto indicado, coa descrición física e coordenadas que do soar e construción contén o informe pericial xuntado (informe técnico con referencia 1918-A-17 elaborado por Óscar Álvarez Mociño, enxeñeiro técnico agrícola).

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo Impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interpoñerase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense».

E encontrándose os demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Domingo Fernández Álvarez e Julia Ogando Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 7 de setembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza