Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41794

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (784/2016).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fago saber que no presente procedemento xuízo ordinario 784/2016 F, seguido por instancia da comunidade de propietarios da Avenida de Monelos número 8, A Coruña, fronte a Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., Marcos Bermúdez Mosquera, se ditou sentenza, con data do 27 de febreiro de 2018, contra a que cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

E ao encontrarse a parte demandada Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., con NIF B-15471915, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación de sentenza en legal forma.

A Coruña, 1 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza