Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41793

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento (recurso contencioso-administrativo 4129/2019).

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4129/2019 pola procuradora Beatriz Castro Álvarez, en nome e representación de A.D.P., contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre Orde do 29 de novembro de 2019 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Ribadavia (Ourense).

Por isto, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 25 do mes actual e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade con dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 28 de setembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza