Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (72/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 72/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Anxo Benigno Somoza Hermo contra a empresa Ilunión Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia Integrada, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data 23 de setembro de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Estímase parcialmente o recurso de reposición interposto pola parte executada Ilunión Seguridad, S.A., baixo a representación que consta en autos, e acórdase revogar parcialmente o auto impugnado; deberase proceder ao despacho da execución pola cantidade de 533,20 euros máis 53,32 euros provisionalmente orzados para xuros e custas da execución.

O anterior enténdese sen prexuízo dunha eventual ampliación da execución por instancia da executante respecto das custas en casación, non incluídas no auto agora impugnado só pola executada indicada.

Procédase á entrega á parte executante das cantidades consignadas na forma disposta na presente resolución, por importe total de 9.340,08 euros, sen prexuízo de ulteriores liquidacións.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación, de conformidade co artigo 191.4.d) da LRXS.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que conteña e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia Integrada, S.A., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza