Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 604/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 604/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Bouzas Rodríguez contra a empresa Inmunoappsaude, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditouse sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta por María de los Ángeles Bouzas Rodríguez contra Inmunoappsaude, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dezanove mil novecentos oitenta e dous euros e oitenta e oito céntimos (19.982,88 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na Oficina Xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Inmunoappsaude, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza